Festival Noroeste Estrella Galicia
Festival de música gratuíto da Coruña. 37º Festival Noroeste Estrella Galicia. A Coruña 5-6-7-8-9-10-11 de agosto de 2024.
01/08/2026
🎸 Echo and the Bunnymen é unha das bandas máis influentes da historia do post-punk británico. Cunha traxectoria de máis de catro décadas, deixou unha pegada inesquecible con himnos e discos que inspiraron a grupos como Coldplay, The Killers ou Garbage.
🤘 A súa xira The Very Best of Echo & The Bunnymen 1978–2026 celebra unha carreira lendaria que os consolidou como auténticas iconas da música británica.
🗓️ 8 de agosto
📍Praia de Riazor
Estrella Galicia Concello da Coruña Concertos do Xacobeo Cultura da Coruña Deputación da Coruña
01/08/2026
🙌🏽🏰 Unha das novidades que trae consigo a trixésimo novena edición do Festival Noroeste Estrella Galicia é o escenario do Castelo de Santo Antón, que ademais de ser nesta ocasión, 🔴 non será preciso retirar convites para os concertos 🔴.
Instalarase 📍 no pé deste espazo, na vía anexa ao mesmo e permitirá o acceso a persoas con problemas de mobilidade.
Grazas a isto, incrementarase o aforo para que o púbico poida desfrutar de 👤🎼 Anna Andreu o mércores 5 de agosto e 👤🎼 Ana Lua Caiano ao día seguinte, o xoves 6 de agosto.
Ambos os dous recitais celebraranse ás ⏰ 21:00 horas, coincidindo así o seu desenvolvemento 🌅co solpor e facendo posible g***r dunha postal única na cidade da Coruña.
ℹ️ https://festivalnoroesteestrellagalicia.com/o-escenario-do-castelo-de-santo-anton-do- # # -festival-noroeste-estrella-galicia-sera-accesible-e-non-se-precisaran-convites-para-os-concertos/
🌊
Concello da Coruña Deputación da Coruña Concertos do Xacobeo Cultura da Coruña
31/07/2026
🤘 Crowded - A Coruña é unha das bandas emerxentes con máis proxección da escena metal coruñesa. Formada en 2021, combina influencias do nu-metal, o post-grunge, o thrash metal e o metalcore cun son contundente e cheo de personalidade.
🔥 Tras publicar os EP "Underdogs" e "Kindred Spirits" recibiron o premio Eva Coyote á mellor banda local. Actualmente, o grupo continúa consolidándose como unha das grandes promesas do metal galego.
🗓️ 7 de agosto
📍Praia de Riazor
Estrella Galicia, Concello da Coruña, Concertos do Xacobeo, Cultura da Coruña, Deputación da Coruña
31/07/2026
👧🏼🧒🏻 A programación do # # Festival Noroeste Estrella Galicia traspasa as fronteiras musicais un ano máis coas artes escénicas, comprendidas dentro do , que acollerá os 📍 Xardíns de Méndez Núñez do 5 ao 9 de agosto.
Consulta aquí os horarios e non perdas detalle! 👇🏼
ℹ️ https://festivalnoroesteestrellagalicia.com/os-xardins-de-mendez-nunez-acolleran-a-programacion-para-publico-familiar-do-noroestino-do-5-ao-9-de-agosto/
Concello da Coruña Cultura da Coruña
31/07/2026
🎨🙌🏽 Xa está aberta ao público a mostra Re Versións, unha convocatoria para reinterpretar a memoria musical coruñesa a través de 30 obras de artistas locais.
👤👋🏽 Esta mañá inauguraron a mostra Gonzalo Castro, concelleiro de Cultura e Turismo do Concello da Coruña, e Nonito Pereira.
ℹ️ https://festivalnoroesteestrellagalicia.com/aberta-ao-publico-a-mostra-re-versions-unha-convocatoria-para-reinterpretar-a-memoria-musical-corunesa-a-traves-de-30-obras-de-artistas-locais/
Estrella Galicia
31/07/2026
👀 Hoxe inaugúrase 'ReVersións', unha mostra diferente que rende tributo á memoria sonora da cidade da Coruña.
Unha exposición 🎸🎨 colectiva que reinterpreta algunhas das portadas máis emblemáticas vencelladas á historia do Festival Noroeste Pop Rock.
Nonito Pereira cóntavos máis ☺️👇🏼 no seguinte vídeo.
📹 https://youtu.be/KP3fSFKEU04
30/07/2026
⚡ Frankie and the Witch Fingers é unha das bandas máis explosivas da escena psych-punk internacional. Co seu inconfundible son, mesturan psicodelia, proto-punk, new wave e rock experimental nun directo tan intenso como imprevisible.
🔥 Tras compartir escenario con artistas como Ty Segall, Oh Sees ou ZZ Top, chegan co seu novo álbum Trash Classic, confirmándose como unha das propostas máis potentes e sorprendentes do momento.
🗓️ 5 de agosto
📍Campo da Leña
Estrella Galicia Concello da Coruña Concertos do Xacobeo Cultura da Coruña Deputación da Coruña
30/07/2026
🎸🫀 A trixésimo novena edición do Festival Noroeste Estrella Galicia continúa camiñando cara unha experiencia cultural máis aberta, confortable e accesible para toda a cidadanía.
Así, implementaremos un amplo dispositivo de medidas para incrementar a e a nos seus espazos.
A 🔍 principal novidade desta edición será que os concertos da 📍 praia de Riazor protagonizados por Bomba Estéreo, Rusowsky, Echo & The Bunnymen, Sprints, Bala e Sés, e os de Dorian e Yerai Cortés, ambos na 📍 praza de María Pita, contarán con interpretación 🙌🏽👋🏽 en lingua de signos, así como un punto de información e préstamo no que haberá mochilas vibratorias, bucles magnéticos, tapóns para os oídos e cascos illantes do son.
Estarán habilitados 🗓️ os días 5 e 6 de agosto na praza de María Pita, a carón da igrexa de San Jorge, e os días 🗓️ 7 e 8 de agosto na praia de Riazor, no posto de socorrismo, desde ⏰ 90 minutos antes do comezo de cada concerto.
‼️ Para solicitar este material será necesario enviar a petición ao enderezo [email protected].
ℹ️ https://festivalnoroesteestrellagalicia.com/o-festival-noroeste-estrella-galicia-sumara-un-amplo-dispositivo-de-medidas-para-favorecer-a-inclusion-nos-concertos/
🌊
Concello da Coruña Cultura da Coruña
29/07/2026
🤠 Colorado é unha das bandas de country rock máis emblemáticas de Galicia, liderada polo músico coruñés Jose Angel Colorado.
🎸 Cunha traxectoria de case catro décadas, o grupo conquistou o público con discos como "Besos de Cerveza", "Al Pie Del Cañón" ou "Good Luck". En 2024 regresaron ao estudo para publicar "La Leyenda", un álbum que percorre o country rock, o blues e o rock clásico, mantendo intacta a esencia que os converteu nun referente da escena galega.
🗓️ 5 de agosto
📍 Campo da Leña
Estrella Galicia Concello da Coruña Concertos do Xacobeo Cultura da Coruña Deputación da Coruña
29/07/2026
💃 Yerai Cortés é unha das grandes revelacións do flamenco actual. Cunha proposta que combina tradición, creatividade e unha posta en escena única, conquistou ao público e á crítica co seu álbum “La guitarra flamenca de Yerai Cortés”, impulsado tamén pola película do mesmo título que dirixiu Antón Álvarez (C. Tangana), recoñecida con dous Premios Goya e propiciando a súa nominación ao Latin Grammy na categoría de “Best New Artist”.
✨ Co seu novo álbum, POPULAR, amplía os límites do flamenco cun son contemporáneo e profundamente persoal, confirmándose como unha das figuras máis fascinantes da nova xeración.
🗓️ 6 de agosto
📍María Pita
Estrella Galicia Concello da Coruña Concertos do Xacobeo Cultura da Coruña Deputación da Coruña
Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.