Mostrart Feira de Artesanía

Mostrart Feira de Artesanía

Compartir

A feira de artesanía máis importante de Galicia. Do 1 ao 30 de agosto do 2026. Celébrase desde 1985 no centro da cidade, nos xardíns de Méndez Núñez.

Esta será a edición número 38 de Mostrart, a feira de artesanía de referencia en Galicia e unha das máis importantes de España.

03/08/2026

Hoxe comezaron os obradoiros Oficios ao Sol!

Da man de , as persoas participantes descubriron o oficio da marroquinería elaborando un pequeno bolso de coiro desde cero.

👏 Grazas, René, por compartir o teu saber facer e inaugurar estes obradoiros da mellor maneira.

Esta actividade está organizada por Asociación Galega de Artesáns en acordo co Concello da Coruña e co financiamento da Deputación da Coruña.

02/08/2026

📣 Así está a dispoñibilidade de prazas para os obradoiros desta primeira semana de Oficios ao Sol.

Se algún che interesa, non o deixes para máis tarde: as prazas voan e actualízanse continuamente.

📝 A inscrición é presencial, por orde de chegada, na caseta de información.

Achégate e pregunta polas prazas dispoñibles. Aínda estás a tempo!

Photos from Mostrart Feira de Artesanía's post 01/08/2026

Hoxe deu comezo Mostrart e así de ben foi a inauguración! ✨

Agardámoste do 1 ao 30 de agosto nos Xardíns de Méndez Núñez, no Cantón Pequeno, para descubrir todo o que temos preparado.

Non perdas a oportunidade de visitarnos. Vémonos en Mostrart! 💙

31/07/2026

Volve Oficios ao ☀️ a Mostrart!

📅 Do 3 ao 27 de agosto, agárdante 16 obradoiros gratuítos de artesanía, unha oportunidade única para aprender da man de artesáns e artesás, descubrir novas técnicas e g***r creando. Porque queremos que ninguén quede sen a oportunidade de aprender un novo oficio.

📍 Xardíns de Méndez Núñez · Cantón Pequeno
📝 Inscrición na caseta de información.
🎟️ Prazas limitadas.

E ti, a cal dos obradoiros vas apuntarte?

Esta actividade está organizada por Asociación Galega de Artesáns en acordo co Concello da Coruña e co financiamento da Deputación da Coruña.

asociaciongalegadeartesans

25/05/2026

Abrimos o prazo para solicitar participación na edición 42 de Mostrart, que se desenvolverá dende o 1 até o 30 de agosto, nos Xardíns de Méndez Núñez da Coruña. Solicitudes ata as 14 h do 12 de xuño.

Tes toda a información e acceso o formulario de solicitude na ligazón:

https://galegadeartesans.org/convocatoria-mostrart-2026/

Photos from Mostrart Feira de Artesanía's post 28/10/2025

Os oito talleres de oficios artesáns abertos á participación do público desta nova edición de Oficios ao Sol puideron desenvolverse neste 2025 grazas ao apoio económico, de novo, da área de cultura da Deputación da Coruña a través do programa FO215. Grazas por apostar pola transmisión educativa e a posta en valor dos oficios artesáns.

Deputación da Coruña
Cultura da Deputación da Coruña

31/08/2025

Esta é só unha pequena mostra do que vas atopar no último día da mellor feira de artesanía do país, Mostrart 2025! Valo perder?

💚 Achégate e vive a artesanía galega no seu máximo esplendor!

Aínda estás a tempo…!

⏱️ Horario da feira, de 17:30 a 22 horas.
📍 Xardíns de Méndez Núñez, no Cantón Pequeno.

¿Quieres que tu empresa sea el Arte Y Entretenimiento mas cotizado en A Coruña?
Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.

Categoría

Dirección


Xardíns De Méndez Núñez
A Coruña
15003

Horario de Apertura

Lunes 11:00 - 14:00
17:30 - 22:00
Martes 11:00 - 14:00
17:30 - 22:00
Miércoles 11:00 - 14:00
17:30 - 22:00
Jueves 11:00 - 14:00
17:30 - 22:00
Viernes 11:00 - 14:00
17:30 - 22:00
Sábado 11:00 - 14:00
17:30 - 22:00
Domingo 11:00 - 14:00
17:30 - 22:00