Librería Abrente
Librería galega dende 1979. Apaixonados pola nosa cultura. Descubre o catálogo,máis de 13.000 libros. Fundada en 1979. Novedades de los libros editados en Galicia.
Desde nuestra web: www.libreriaabrente.es servimos a domicilio, entre 24 y 72 horas, un catálogo de más de 8.000 títulos de libros de Galicia. Especialistas en bibliografía e Cultura Mariñeira. Amplio catálogo de libro infantil /juvenil. Humanidades, guías, fotografía, cocina. música...
Servicio de cartuchos impresora PRINK, CANON, HP.
12/07/2026
📣 A Librería Abrente ten o pracer de anunciar unha nova edición de ‘Universo de Contos’, o noso proxecto de literatura infantil que convida á cativada a embarcarse nunha viaxe chea de historias, imaxinación e emocións.
📚 Durante catro sesións temáticas descubriremos contos que nos levarán ao mar, falarán da amizade, farannos vivir grandes aventuras e axudaranos a perderlle o medo á noite.
✨ Como novidade nesta edición, cada sesión contará cun conto en inglés 🇬🇧, coa colaboración dos nosos veciños de Atlantic Coast 🌊, achegando aos máis pequenos unha forma divertida e natural de descubrir este idioma a través da literatura.
📖 Universo de Contos agarda á cativada cada mércores na explanada fronte á Librería Abrente. Preparados para vivir un novo verán cheo de contos?
Programación:
🫧🐠 15 xullo · 12:00 h — Mar
• The Snail and the Whale
• Daniela Pirata
• A illa do meu avó
👫 22 xullo · 12:00 h — Amizade
• The Lamb Who Came for Dinner
• Os recordos de Moucho
• Parchís
🌍 29 xullo · 12:00 h — Aventuras
• We’re Going on a Bear Hunt
• Flop e o lago
• La vaca más rica del mundo
🌙 5 agosto · 12:00 h — A noite
• The Dark
• Buenas noches Simón
• Quen dixo medo?
🎟️ Non é necesaria inscrición!
Organiza: Librería Abrente
Coa colaboración de Atlantic Coast Playgroup e
09/06/2026
II TORNEO ESCOLAR DE XADREZ
♟️ Xa está aquí a segunda edición!!
Tras o éxito do primeiro torneo, volvemos reunir á cativada para unha mañá de xadrez, aprendizaxe e diversión na Banda do Río!
📍 Lugar: Explanada fronte á Librería Abrente (Bueu)
📅 Data: Domingo 14 de xuño de 2026
🕥 Horario: De 10:30 h a 13:30 h
👦👧 Dirixido á cativada de Primaria
📝 Inscrición por WhatsApp: 600 772 402
⏳ Data límite de inscrición: 12/06/2026
Organizan: e Club Xadrez Bueu
Colaboran: e
04/06/2026
🍷📚 Esta marabilla xa na web e na librería! 500 páxinas polo incríble prezo de 20€!
O Ribeiro. O viño da cultura, a cultura do viño é moito máis ca un libro sobre viño: é unha viaxe pola historia, a paisaxe e a identidade dunha das comarcas vitivinícolas máis emblemáticas de Galicia. Unha obra imprescindible para quen queira descubrir como o Ribeiro se converteu nun símbolo da nosa cultura. 
Entre viñedos, tradicións e saberes, cada páxina convida a brindar polo patrimonio galego. 🍇✨ #
Dispoñible en galego e castelán.
ViñoDeGalicia
27/05/2026
📢 Dende hoxe podes facerte co teu BONO ACTIVA COMERCIO e empregalo na nosa web e tenda física!
Disfruta de 30€ para descontar nas túas compras! (ata esgotamento do crédito do programa)
Descárgao 👉🏻 https://www.bonosactivacomercio.gal/gl
Emprégao 👉🏻 https://libreriaabrente.es/ 📚️
Queres usar BONO ACTIVA COMERCIO para comprar libros na nosa web con más de 15.000 libros de Galicia.
Contáctanos para o que precises e estaremos encantadas de axudarche!
11/05/2026
🌿 PEQUENIÑOS: Contos que me contou un paxariño
📢 Este sábado agárdavos unha sesión de contos moi especial para as crianzas! 🐦✨
👉 Pequeniños: Contos que me contou un paxariño
👩🦰 con Chus Álvarez
📅 Sábado, 16 de maio
🕛 12:00 h
📍 Estaleiro de Purro, Bueu
Un encontro cheo de historias, imaxinación e pequenos tesouros para compartir en familia 💫
Contos que voan, niños con sorpresa e palabras que medran entre xogos e emocións 🪺🎶
Organizan: Federación de Librarías de Galicia e Librería Abrente
Colabora: Concello de Bueu
✨ Achégate coas crianzas e déixate levar pola maxia dos contos!
08/05/2026
📣 Xa con nós esta fermosa reedición conmemorativa do Día das Artes Galegas 2026, dedicado a José Suárez pola Real Academia Galega de Belas Artes!
Xa na tenda física e na web!!!
Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.
Categoría
Contactar con la empresa
Teléfono
Página web
Dirección
Rúa Montero Rios 167
Bueu
36930
Horario de apertura
| Lunes | 09:00 - 13:30 |
| 16:30 - 20:30 | |
| Martes | 09:30 - 13:30 |
| 16:30 - 20:30 | |
| Miércoles | 09:00 - 13:30 |
| 16:30 - 20:30 | |
| Jueves | 09:00 - 13:30 |
| 16:30 - 20:30 | |
| Viernes | 09:00 - 13:30 |
| 16:30 - 20:30 | |
| Sábado | 09:00 - 14:00 |
Notificaciones
Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Librería Abrente publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.