Sushi Books

Sushi Books

Compartir

Literatura infantil e xuvenil. Literatura infantil y juvenil. Literatura infantil i juvenil. Haur eta gazte literatura. www.sushibooks.es

09/10/2026

'Cóntocho con palabras', de Anxo Otero e Caetano Otero, "unha obra sobre a identidade e a diversidade, e a importancia de coñecer e conservar as propias raíces ao formar parte doutra cultura". No Faro da Cultura de hoxe.
https://rinoceronte.gal/sushibooks/produto/contocho-con-palabras/

24/09/2026

Hai xa moitos anos publicaramos en galego, castelán, catalán e éuscaro o libriño 'O caderno de Edua', de Helena Villar Janeiro e Carmen Queralt, quen acaba de recibir o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil do Ministerio de Cultura. Podedes atopalo no noso catálogo.
Helena Villar Janeiro

A Coruña acolle un faladoiro sobre o pasado feminista da bicicleta, dende as 'suffragettes' ás 'señoritas' galegas: 'Había 'médicos' que dicían que era perigoso que as mulleres tiveran tanta liberdade' 24/09/2026

Deixamos por aquí esta entrevista que lles fixeron ás autoras de 'Señoras en bicicleta' a semana pasada co gallo da Semana Europea da Mobilidade e aproveitamos para anunciar que este libro axiña estará dispoñible tamén en castelán.

A Coruña acolle un faladoiro sobre o pasado feminista da bicicleta, dende as 'suffragettes' ás 'señoritas' galegas: 'Había 'médicos' que dicían que era perigoso que as mulleres tiveran tanta liberdade' As xornalistas e escritoras Ana Bulnes, Raquel C. Pico y María Ramos presentan no Muncyt da Coruña o seu libro 'Señoras en bibicleta' como parte das xornadas de 'Mobilidades Invisibles', onde analizan o papel do vehículo a dúas rodas como ferramenta histórica no proceso da emancipación das mu...

16/09/2026

'A Onda', de Todd Strasser

O profesor Ben Ross decide levar a cabo un experimento na súa clase de historia. O obxectivo? Amosarlles ós seus alumnos que puido levar ó auxe do movemento n**i en Alemaña e a todos os terribles acontecementos nos que desembocou. Porén, malia crer telo todo baixo control, axiña se dá de conta de que non é así.

Baseada nun suceso ocorrido realmente nun instituto estadounidense en 1969, esta novela achéganos unha lección que continúa máis vixente ca nunca.

Tradución do inglés de Estela Villar Nogueira
Cuberta de Brais Romero
ISBN: 978-84-10219-82-3
Páxinas: 152
Rústica con lapelas
140 x 210 mm
PVP: 18 €
Colección Avanzado
+12 anos
https://rinoceronte.gal/sushibooks/produto/a-onda/

20/08/2026

Unha viaxe de Xamaica a Inglaterra, outros tempos, piratas e uns nenos que se ven na obriga de medrar. 'Furacán en Xamaica', de Richard Hughes, está dispoñible en galego na tradución de Moisés Barcia. O deseño da cuberta é de ✨Laus Morgenstern✨

14/07/2026

Mirade que cousa máis chula para lerdes no verán (e mais despois). ‘Bubú e os seus amigos’, de Yoon-sun Park, son cinco delirantes historias en cadriños, destinadas a público a partir de seis anos. Deixámosvos asomarvos para abrir o apetito! Se quedades con gana de máis, peídeo na libraría ou na nosa tenda web.

Bubú é o cadeliño de Antonín. Xunto cos seus amigos Zoe e Raúl, imaxinan mundos poboados por trasgos, chaves máxicas e obxectos animados. Pero… e se todo iso existise realmente?

Traducido do francés por Estela Villlar Nogueira.
.vn

14/07/2026

'Bubú e os seus amigos', de Yoon-sun Park

Bubú é o cadeliño de Antonín. Xunto cos seus amigos Zoe e Raúl, imaxinan mundos poboados por trasgos, chaves máxicas e obxectos animados. Pero… e se todo iso existise realmente?

Neste cómic delirante de Yoon-sun Park, seguimos a alegre banda en cinco divertidas aventuras, contadas dende a perspectiva dos nenos e do can!

Tradución do francés de Estela Villar Nogueira
ISBN: 978-84-10219-80-9
Páxinas: 96
Rústica con lapelas
170 x 230 mm
PVP: 18 €
Colección Álbum
+6 anos
https://rinoceronte.gal/sushibooks/produto/bubu-e-os-seus-amigos/

«Se escribes un libro de repente a xente faiche moito máis caso» 13/07/2026

No Faro de Vigo publicaran esta entrevista previa á presentación en Bueu do libro de Anxo Otero e Caetano Otero 'Cóntocho con palabras':
https://www.farodevigo.es/o-morrazo/2026/06/24/escribes-libro-repente-xente-faiche-131777236.html

https://rinoceronte.gal/sushibooks/produto/contocho-con-palabras/

«Se escribes un libro de repente a xente faiche moito máis caso» Pai e fillo viven en Pennsylvania pero as súas raíces están en Bueu, onde este xoves presentan un libro co seu día a día en Estados Unidos e as súas visitas a Galicia

06/07/2026

Boas novas para comezar a semana! A tradución ó galego do libro de Eduard Altarriba 'Que é a guerra', feita por Moisés Barcia, forma parte da Lista de Honra do IBBY 2026. Esta lista recolle cada dous anos unha selección dos libros máis significativos de recente publicación e de grande interese e calidade propostos polas seccións nacionais de IBBY en tres modalidades (escrita, ilustración e tradución) para dar a coñecer estes títulos infantís e xuvenís.

Moi felices de formar parte desta lista unha vez máis, logo de 'Botchan', de Natsume Soseki (trad. de Mona Imai) e 'Konrad ou o neno que saíu dun bote de conserva', de Christine Nöstlinger (trad. de Eva Almazán).


IBBY International Board on Books for Young People

¿Quieres que tu escuela/facultad aparezca en primer lugar en la categoría Escuela/facultad en Cangas?
Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.

Teléfono

Dirección


Cangas

Horario de apertura

Lunes 09:00 - 17:00
Martes 09:00 - 17:00
Miércoles 09:00 - 17:00
Jueves 09:00 - 17:00
Viernes 09:00 - 17:00

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Sushi Books publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Suscribirse

Le avisaremos cuando ocurra algo en Cangas.