Refuxio de Bando

Refuxio de Bando

Compartir

Situado en Zarramacedo (Bando)

Photos from Refuxio de Bando's post 14/10/2026

Luno busca un fogar

Chegou ao refuxio no 2022, sendo un cachorrón de arredor dun ano, e en todo este tempo ninguén preguntou por el.
É un can sociable e cariñoso coa xente, e algo brutiño á hoxe xogar. Non parece ser consciente do corpachón que ten 😅
Con outros machos non se leva moi ben, pero actualmente convive cunha femia sen maior problema.
Ten uns cinco anos e xa vai sendo hora de que a súa sorte cambie. Queres coñecelo?
Precísase licencia para CPP.

Contacto:
📞 981 575957 // 646 492835
📩 [email protected]

Queres axudar cos nosos gastos?
▶️ Para facer unha doazón puntual: ES66 2080 0388 2230 4000 0891
▶️ Teaming (só 1€/mes): www.teaming.net/refuxiodebando-grupo

Máis información 👉🏼 https://refuxio.gal/

Photos from Refuxio de Bando's post 14/10/2026

Proupina busca un fogar

Chegou ao refuxio en agosto do 2025, tras ser recollida en Santiago de Compostela. Tiña pouco máis dun mes e en todo este tempo ninguén preguntou por ela. Agora ten arredor dun ano e é algo tímida cando non coñece, pero sociable, cariñosa e xoguetona. Lévase ben con outros gatos.
Agardamos que axiña atope un fogar e non teña que seguir medrando no refuxio. Queres coñecela?

Contacto:
📞 981 575957 // 646 492835
📩 [email protected]

Queres axudar cos nosos gastos?
▶️ Para facer unha doazón puntual: ES66 2080 0388 2230 4000 0891
▶️ Teaming (só 1€/mes): www.teaming.net/refuxiodebando-grupo

Máis información 👉🏼 https://refuxio.gal/

Photos from Refuxio de Bando's post 14/10/2026

A nosa guapísima Maya, busca un fogar

Foi recollida a finais do 2025 no Monte do Gozo, en Santiago. Parecía unha gatiña caseira e tiñamos a esperanza de que alguén a estivese buscando, pero non foi así.
Ten arredor de seis anos e ademais de preciosa, é unha gatiña sociable, cariñosa, activa, e algo brutiña á hora de xogar. Gústalle moito a xente e no refuxio no está a pasar nada ben. É positiva a inmunodeficiencia felina.
Anímaste a cambiar a súa sorte?

Contacto:
📞 981 575957 // 646 492835
📩 [email protected]

Queres axudar cos nosos gastos?
▶️ Para facer unha doazón puntual: ES66 2080 0388 2230 4000 0891
▶️ Teaming (só 1€/mes): www.teaming.net/refuxiodebando-grupo

Máis información 👉🏼 https://refuxio.gal/

Photos from Refuxio de Bando's post 14/10/2026

Lembrámosvos que ata o 15 de outubro participamos na campaña Gadis alimenta la amistad.
Durante estes días, poderás colaborar con nós deixando doazóns de comida, area ou produtos de limpeza (lixivia, xabrón e suavizante para a lavadora, etc.).

Os Gadis que temos asignados son:

En Santiago de Compostela:
🐾GADIS SA. MONTERO RÍOS 2
🐾GADIS SA. FERNANDO III
🐾GADIS RÚA NOVA DE ABAIXO

En Melide:
🐾GADIS MELIDE 2

En Lalín:
🐾GADIS LALÍN 2

En Padrón:
🐾GADIS PADRÓN

Moitísimas grazas a todos os que estades colaborando coas vosas doazóns, e ao voluntariado que o está a facer posible ☺️☺️

Photos from Refuxio de Bando's post 14/10/2026

Seguimos a buscar acollida para Tropy

Photos from Refuxio de Bando's post 13/10/2026

Seguimos a buscar acollidas (e adopcións!)

Temos as instalacións ata arriba de gatos, e seguen a chegar máis practicamente a diario, algúns deles enfermos ou feridos... Precisamos acollidas, un lugar no que poidan estar mentres lles buscamos algo definitivo.
Se alguén pode acoller algún deles, que nos escriba a [email protected]

Photos from Refuxio de Bando's post 11/10/2026

Buscamos un fogar para Krende

Krende leva no refuxio desde o 2021, cando foi recollido no concello de Touro.
Ten arredor de seis anos e é sociable, cariñoso e bastante activo.
En todo este tempo, ninguén preguntou por el. Queres coñecelo e cambiar a súa sorte?

Contacto:
📞 981 575957 // 646 492835
📩 [email protected]

Queres axudar cos nosos gastos?
▶️ Para facer unha doazón puntual: ES66 2080 0388 2230 4000 0891
▶️ Teaming (só 1€/mes): www.teaming.net/refuxiodebando-grupo

Máis información 👉🏼 https://refuxio.gal/

Photos from Refuxio de Bando's post 11/10/2026

Estes son algúns dos nosos gatiños en adopción. Se queres adoptar algún deles, escríbenos a [email protected]

Photos from Refuxio de Bando's post 11/10/2026

Seguimos a buscar un fogar para Albo

Non leva demasiado tempo aínda con nós xa que chegou o pasado mes de xullo tras ser recollido en Santiago de Compostela.
Ten arredor de seis anos e ademais de ben guapo, é un gato boíño, tranquilo e que no está a pasar nada ben no refuxio. Está bastante asustado e triste.
Queres coñecelo?

Contacto:
📞 981 575957 // 646 492835
📩 [email protected]

Queres axudar cos nosos gastos?
▶️ Para facer unha doazón puntual: ES66 2080 0388 2230 4000 0891
▶️ Teaming (só 1€/mes): www.teaming.net/refuxiodebando-grupo

Máis información 👉🏼 https://refuxio.gal/

11/10/2026

Wifi adoptado :)

¿Quieres que tu organización aparezca en primer lugar en la categoría Organización Sin Fines De Lucro en Santiago de Compostela?
Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.

Dirección


Lugar Zarramacedo-Bando, S/n
Santiago De Compostela
15820

Horario de apertura

Lunes 09:30 - 14:00
Miércoles 09:30 - 14:00
Viernes 09:30 - 14:00
Sábado 10:30 - 13:30
Domingo 10:30 - 13:30

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Refuxio de Bando publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Suscribirse

Le avisaremos cuando ocurra algo en Santiago de Compostela.